Romaría da Saínza
Festa de Interese Turístico Galego
Festa de Interese Turístico Galego, cunha forte compoñente identitaria para os limiaos.
Esta romaría celébrase desde 1840, data na que se incorpora o Combate de mouros e cristiáns, e congrega cada ano, o fin de semana máis próximo ao 24 de setembro, a miles de romeiros.
No campo do castelo da Saínza ten lugar o Ataque, representación da batalla entre os dous bandos, representantes do ben e do mal, que remata coa vitoria dos cristiáns sobre os mouros e a queima do castelo rebelde.




