Situación

O Concello de Rairiz de Veiga enmárcase, xunto con outros dez concellos, na chamada Limia Alta, onde se combinan a chaira e a montaña, sempre en terras elevadas por riba dos 500 m sobre o nivel do mar. Sitúase no sueste da provincia de Ourense e no cuadrante nordeste da comarca da Limia.
O municipio conta con oito parroquias: Candás, Congostro, Guillamil, Lámpaza, Ordes, Rairiz, Sabariz e Zapeaus, que ocupan unha superficie de 7.239 ha. A parroquia de maior superficie é Guillamil e as máis pequenas son Candás e Zapeaus.
Como o seu nome indica, é un concello que ten parte do seu territorio no que eran as veigas da antiga Lagoa de Antela, hoxe desecada, da que se conservan pequenas charcas, algunhas situadas en Rairiz de Veiga, as chamadas Veigas da Ponte Liñares.
Parroquias
- Candás
- Congostro
- Guillamil
- Lámpaza
- Ordes
- Rairiz
- Sabariz
- Zapeaus