Atención ao público: luns a venres, de 8:00 a 15:00 988 465 552 rairiz@rairiz.gal

Festas e feiras

  • 12 de cada mesFeira de Rairiz
  • 4.º domingo de cada mesFeira da Saínza
  • 24 de xuñoSan Xoán (festivo local)
  • 1.º domingo de agostoFeira etnográfica da Pereira
  • Fin de semana máis próximo ao 24 de setembroRomaría da Saínza
  • 24 de setembroFestivo local

Feira etnográfica da Pereira

Feira que en tempos pasados se celebraba de forma mensual, desapareceu e o Concello recuperou como celebración cultural desde o ano 1995. Realízase na Pereira, aldea natal de Antón Tovar, o primeiro domingo de agosto.

Celébranse actos culturais en lembranza de Antón Tovar, con outras actividades e actuacións. Hai polbeiros e ferradores de cabalerías. Desde o Concello recuperamos esta feira, que tivo grande importancia noutro tempo, cando A Pereira era capital do Concello. Hoxe acode moita xente por ser época de vacacións, e non falta o polbo, as cabalerías e tamén música tradicional galega para animar a velada.

Aproveitamos este día para lembrar o noso escritor Antón Tovar, nado na Pereira, do que cada ano se le algún poema. Para isto contamos coa colaboración do veciño, amigo escritor e catedrático Delfín Caseiro, gran coñecedor e divulgador da obra de Antón Tovar.

Feira de Rairiz

Feira mensual que se celebra o 12 de cada mes na Praza do Concello. Alí acoden polbeiras, vendedores de plantas, froitas, roupa e calzado. É un lugar de encontro para a xente do concello e dos municipios limítrofes.

Feira da Saínza

Feira mensual que se celebra o cuarto domingo de cada mes no campo da Saínza. Alí acoden polbeiras e ferradores de cabalerías e, desde o Concello, estámola incentivando con moito éxito: están acudindo vendedores de plantas, froitas, roupa e calzado. É un lugar de encontro para a xente do concello e dos municipios limítrofes.

Antón Tovar

Antón Tovar Bobillo naceu na Pereira, no concello de Rairiz de Veiga. Empezou publicando poesía en castelán e pouco a pouco foise pasando ao galego. O seu primeiro libro é Arredores (1962), pero xa antes fora galardoado co primeiro e o terceiro premio nos Xogos Florais de Guimarães, con dous poemas que logo incluíu naquel libro.

Outros libros do poeta son Non (1967), O vento no teu colo, Calados esconxuros, e en 1981 foi premiado na crítica polo seu último libro. Antón Tovar canta ao home na súa tristeza e na súa esperanza. Calados esconxuros, sobre todo, é un dos máis nobres e mellores libros da poesía moderna galega.