Atención ao público: luns a venres, de 8:00 a 15:00 988 465 552 rairiz@rairiz.gal

Conxunto etnográfico de Congostro

Aldea restaurada en fase de musealización

Colaxe de Congostro: canastros, rúas de pedra e carteis da aldea

O valor máis importante desta aldea reside no seu patrimonio etnográfico, con elementos de arquitectura popular como muíños, fornos ou cruceiros, así como na súa conformación, que conserva as características da aldea limiá tradicional: rúas estreitas e casas moi agrupadas arredor das airas, concentración de canastros como a da Aira da Moa, etc.

O Centro de Interpretación alberga unha exposición sobre a historia e a etnografía de Congostro, así como unha mostra explicativa da Vía Nova.

Facer a ruta dos muíños de San Miguel →